ESTATUTOS

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º

1.- Procédese a adapta os estatutos da asociación denominada “Asociación Científica Sociedade Galega De Coidados Paliativos, SOGACOPAL, con nº de inscripción no Rexistro central RCA 37/98” de asociacións sen ánimo de lucro, e CIF nº G-15739907.

2.- A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei Órgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.

O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade e A Coruña, rúa de As Xúbias, s/n. Hospital Marítimo de Oza. Unidad de Cuidados Paliativos, Planta 2º, C.P. 15006, Teléfono 981178176, apdo. de correos 15160.

Artigo 3º.

A asociación en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de Comunidade Autónoma Galega.

Artigo 4º.

1.- A Asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A Asociación rexirase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.

1.- Son fins principais da Asociación:

a.- Os coidados paliativos baséanse nunha concepción global, activa e viva da terapéutica, que comprende a atención dos aspectos físicos, emocionais, sociais e espirituais das pesoas en situación de enfermidade avanzada e complexa; sendo os obxectivos principais o benestar e a promoción da dignidade e autonomía dos enfermos e a súa familia; e os medios terapéuticos, o control de síntomas, o apoio emocional e a comunicación, cando estamos diante dunha enfermidade avanzada, progresiva e incurable, sen posibilidades razoables de resposta a un tratamento específico e cunha morte previsible a curto prazo, causada sexa por un cancro, SIDA, ou calquera outra enfermidade crónica e progresiva.

b.- Os coidados paliativos practicaránse necesariamente desde equipos multidisciplinares que inclúen profesionais sanitarios (médicos, enfermeiras, traballadores sociais, psicoterapeutas, terapeutas ocupacionais, psicólogos), relixiosos, expertos en bioética, voluntariado, e difundiránse e aplicar a todos os niveis asistenciais (hospitais, domicilio, unidades específicas e centros específicos) con unha boa conexión entre eles, para promocionar o dereito de calquera persoa a recibir unha asistencia axeitada e digna durante o proceso de morrer.

c.- Os obxectivos básicos para conseguir unha mellora progresiva na calidade da atención, son a elaboración de principios e métodos terapéuticos, investigación e a súa difusión a través da educación e formación dos profesionais sanitarios, a sociedade e as súas institucións, promovendo actitudes que combinen o significado humanitario da asistencia con uns coñecementos con bases científicas sólidas.

d.- Unha boa asistencia ás persoas en situación Terminal é un índice do respecto de calquera sociedade desenvolvida á dignidade humana, á cal administración tería que facilitar un financiamento axeitado e organización racional dos recursos.

2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza as seguintes actividades:

a.- Reunir aquelas persoas que no seu traballo ou estudios estean relacionadas coa atención de enfermos terminais, as súas familias e os seus coidadores.

b.- Promover o coñecemento, progreso e difusión dos Coidados Paliativos no ámbito científico, clínico e social.

c.- Facilitar a aplicación dos coñecementos existentes sobre os Coidados Paliativos promovendo a formación de aquelas persoas que a calquera dos niveis interveñen na atención de enfermos terminais.

d.- Estudar os problemas éticos asociados ós coidados paliativos.

e.- Promover actos, publicacións, etc sobre coidados paliativos.

f.- Obter recursos para unha axeitada asistencia.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

 

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.

1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

a.- Aquelas persoas que no seu traballo ou estudio estean relacionadas coa atención de enfermos terminais, as súas familias e os seus coidadores.

b.-Calquera persoa que se adhira sen limitacións ós obxectivos da SOGACOPAL.

c.- Calquera Asociaicón ou Entidade que se adhiran sen limitacións ós obxectivos da SOGACOPAL.

2- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Direciva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.

Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:

a) Fundadores, aquelas persoas que suscribiron a acta fundacional, os asinantes da Acta de Fundación, e aquelas persoas que, cumprindo os requerimentos para seren membros numerarios, sexan convidados a formar parte como Membro Fundador, pola meirande parte dos Membros Fundadores nun prazo limitado.

b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional, persoas que acrediten unha experiencia profesional ou compromiso persoal cos coidados paliativos, nun Servizo específico ou nunha Asociaicón, e que se adhiran sen limitacións ós obxectivos da Sociedade.

c) Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asembla Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación, persoas normeadas polo Comité Directivo e que non teñen a obriga de pagar a cota de asociado.

d) Asociados: persoas que non teñen experiencia e cualificación persoal necesarias, pero que se adhiren sen limitacións ós obxectivos da Sociedade. Asociacións ou Entidades que se adhiren sen limitacións ós obxectivos da Sociedade.

A Xunta Directiva establecerá as diferentes cotas mínimas de asociado para cada categoría. O dereito de participar nas actividades da Sociedade dependerá da regularidade no pagamento das cotas.

A Xunta Directiva terá o poder de decidir sobre a admisión dos novos membros, examinando as solicitudes e tendo establecido previamente os criterios de acreditación que se requiran, e a exclusión por falla dos requisitos e outras razóns importantes. Nos casos nos que non haxa unanimidade entre os membros da Xunta Directiva do Comité sobre a admisión dun novo membro, farase unha votación secreta. No caso de Sociedades de Coidados Paliativos de ámbito rexional, dentro da Comunidade Galega, a súa admisión dentro da Sociedade Galega de Coidados Paliativos, precisará a máis da aceptación da Xunta Directiva, da ratificación da Asemblea. Tódolos membros estarán invitados ás actividades organizadas pola Sociedade e poden dirixir propostas ou suxerencias á Xunta Directiva ó Comité Directivo en relación coas actividades da Sociedade.

Artigo 8º.

1.- A condición de asociado pérdese:

a) Por vontade propia
b) Por falta de pago de 4 cotas.
c) Por Incumprimento das súas obrigas ou a realización de acción que perxudiquen gravemente os intereses da asociación , previo expediente disciplinario , con audiencia do interesado .
d) Por falecemento da persona física ou da extinción da persoa xurídica

2.- A Expulsión de Asociados/as nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior , será acordado Xunta Directiva , logo da audiencia do interesado . O acordo da expulsión deberá ser ractificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria en contra da súa resolución, poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria .

Artigo 9 º.

Os asociado/as teñen os seguintes dereitos :

1.- Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e de representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asamblea Xeral , de acordo cos estatutos .

2.- Ser Informado da composición dos órganos do goberno e representación da asociación, só se o estado de contas e do desenvolvemento da asúa actividade .

3.- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas , debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción .

4.- Impugna os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á Lei ou os Estatutos .

Os Asociados/as e infantís non intervirán na direción da asociación nin nos órganos de representación dela.Os asociados/as honorarios, están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz pero sen voto .

Artigo 10º.

Son obrigas dos asociadas/os:

1.- Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.

2.- Pagar as cotas establecidas.

3.- Desempeñar os cargos para os que foron elexidos/as.

4.- Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos do goberno e de representación da asociación.

5.- Acatar o contido dos Estatutos.

6.- Ter unha boa conducta individual e cívica.

 

CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN 

 

Artigo 11º.

A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

Artigo 12º.

1.-O presidente da asociación será designado pola Asamblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará dous anos renovables .Será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente que o sustituirá nos casos de vacante , ausencia ou enfermidade.

2.- O Presidente terá as seguintes atribucións:

a) Representar a Asociación diante de calquera organismo público ou privado.
b) Convocar presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asamble Xeral; dirixir as deliberación dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
c) Executar os acordos adotados pola Xunta Directiva e Asamble Xeral.
d) Ordenar os pagamentos ordenados validamente.
e) Asinar as actas, certificados, pagos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento do que se trate.
f) O Presidente (e na súa ausencia ou incapacidade, o vicepresidente primeiro) representará a Sociedade e terá poderes asinados fronte a terceiros e fronte os xulgadose tamen terá poderes para nomear procuradores de toda clase. En caso de urxencia, o Presidente (e na súa ausencia ou incapacidade, o vicepresidente primeiro) exercerá todos os poderes da Xunta Directica, o cal, sen perxuizo sobre a validez das actividades realizadas, ou fronte a terceiros, será convocada canto antes sexa posible para ratificalas.

Artigo 13º.

1.- A Xunta Directiva estará formada polo Presidente da Asociación, un Vicepresidente, un Tesoureiro, oito Vocais. O Comité Executivo estará formado por un mínimo de cinco membros e un máximo de nove, que son o Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e Vocais.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de maneira gratuita sen perxuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas ca Asociación.

3.- A Asamblea Xeral será competente para elexir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un periodo de dous anos, aínda que poden ser obxeto de reelecion indefinidamente.

4.- Calquera membro poderá ser representado por outro, presentando un poder por escrito; ningún membro poderá representar máis de cinco membros.

5.- Os cargos cesarán a súa función por:

a) Falecemento da persoa física ou extincion da persoa xurídica.
b) Renuncia voluntaria.
c)Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) Acordo de cesamento de toda Xunta Directiva adoptada por 2/3 da directiva reunidos en Asamblea Xeral Extraordinada convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do plazo non da lugar ao cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor. As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera membro da Xunta Directa serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva deberá estar integrada como mínimo por tres persoas que exercerán as funcións de: presidente, secretario e tesoureiro.


Artigo 14º.

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

1.- Programar e dirixir as actividades asociadas.
2.- Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
3.- Someter a aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, asi como, o estado de contas do ano anterior.
4.- Convocar e fixar a data da Asamblea Xeral.
5.- Propoñer a Asamblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6.- Designar as comisión de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7.- Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asinadas a Asamblea Xeral.
8.- Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.- Propoñer o novo plan de actividades a Asamblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10.- Resolver os procedementos ordinarios que se instrúan.
11.- Aquelas que non veñan atribuidas expresamente a outro órgano da asociación.
12.- A Xunta Directiva poderá nomear tamén entre persoas non membros a un Presidente Honorario o cal terá dereito de asistir, sen votar, ás Asambleas Xerais e ás reunións da Xunta Directiva.
13.- Os membros da Xunta Directiva han de representar o caracter multidisciplinar dos coidados paliativos e reflectir a realidade autonómica da Comunidade Galega.
14.- A Xunta Directiva poderá nomear tamén entre persoas non membros a un Presidente Honorario o cal terá dereito de asistir, sen votar, ás Asambleas Xerais e ás reunións do Comité Diretivo.
15.- A Xunta Directiva pode delegar os seus poderes en un ou máis dos seus membros determinandoos limites de tal delegación. A Xunta Directa aprobará as regulamentacións referidas as actividades da Sociedade e a todos os acontecementos da mesma, e tamén fixará as cotas dos membros e as normas para conceder bolsas ou subvencións.
16.- A Xunta Directiva poderá nomear comités honorarios e establecer comisións organizadas, de estudios especiais determinando o seu ámbito e poderes.

Artigo 15º.

1.- A Xunta Directiva será convocada polo/a Presidente/a a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.

2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría dos votos dos asistentes sendo necesario a concorrencia polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do/da Presidente/a ou Vicepresidente/a e o/a Secretario/a ou persoa que o sustitúa.

O/A Secreatario/a ou, no seu defecto, o vocal que o sustitúa levantará acta das sesións, que se transcribirá ao libro de actas.

3.- A Xunta Directiva e convocada polo/a Presidente/a cando considere oportuno ou se sete membros da Xunta como mínimo, o piden xunto coa Orde do Día.

4.- As reunións se avisarán por escrito con vinte días de adianto como mínimo (ou en caso de urxencia, por teléfono, fax, ou telex, correo electrónico, ou dez días antes) coa indicación da Orde do Día.

5.- A Xunta Directiva poderá tomar decisión coa presenza da maioría dos membros con cargo. As resolucións terán que ser aprobadas pola maioría que asistan á reunión, e con voto de calidade do Presidente.

6.- As reunións serán válidas en todo caso, aínda que non foran avisados con anterioridade, se asisten todos os membros con cargo.

7.- A Xunta Directiva O Comité Directivo terá que se reunir cunha periodicidade mínima semestral.

Artigo 16º.

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva a proposta dos seus respectivos Presidentes.

Artigo 17º.

A Asamblea Xeral de asociados/as e o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os integrantes da mesma. O/A Presidente/a e o/a Secretario/a da Asamblea será tamén o/a Secretario/a da Xunta Directiva.

Artigo 18º.

A Asamblea Xeral, será convocada polo Presidente, e reunirase con caracter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con caracter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizaráse por medio de escrita dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a Orde do Día.

Artigo 19º.

A Asamblea Xeral Ordianria reunirase necesariamente no periodo que vai dende o mes de xaneiro ata o de decembro. Tanto a Asamblea Ordinaria como a Asamblea Extraordinaria serán convocadas con quince días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.

A notificación farase polos locais da asociación para as Asambleas Ordinarias e no domicilio dos asociados para as Asambleas Extraordinarias.

Artigo 20º.

Serán competencia da Asamblea Xeral Ordinaria:

1.- Aprobar o plan de actividades
2.- Examinar e aprobar as contas e o balance do exercicio anterior.
3.- Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
4.- Exame e aprobación das cotas.
5.- A Asamblea Xeral estará composta por todos os Membros Fundadores e Membros Numerarios. Os Membros Asociados poderán asistir ás asambleas e expresar a súa opinión sobre os diferentes asuntos que se traten, pero non terán dereito a voto.

Calquera membro poderá ser representado por outro presentando un poder por escrito; ningún membro poderá representar máis de cinco membros. As funcións a desenvolver pola Asamblea Xeral son as de aprobar os balances e presupostos, informar sobre a xestión, nomear os membros da Xunta Directiva e así como determinar o seu número, decidir sobre algún cambio dos Estatutos, a disolución da Sociedade, a disposición dos bens e calquera outro asunto e proposta do Comité Directivo.

A Asamble Xeral convocarase unha vez ao ano, para a aprobación do balance. A Asamblea Xeral será convocada polo Presidente segundo resolución da Xunta Directiva e tamén será convocado polo Presidente cando retira por escrito como mínimo unha décima parte dos membros que teñan dereito ó voto, coa indicación da Orde do Día.

Avisarase da celebración da Asamble Xeral por carta a todos os membros, enviada como mínimo quince días antes de que teña lugar, indicando a Orde do Día, lugar, data e hora da primeira e segunda convocatorias.

Na primeira convocatoria será necesaria a presenza directa ou por poderes como mínimo da metade dos membros con dereito a voto.

As Actas da Asamblea serán asinadas polo/a Presidente/a e Secretario/a, ou polas persoas que actúen no seu lugar. Tamén poderán ser redactadas por un notario.

Artigo 21º.

Serán competencias da Asamblea Xeral:

1.- Modificar os Estatutos da Asociación.
2.- Elexir e cesar os membros integrantes da Xunta Directiva.
3.- Aprobar a federación con outras asociacións.
4.- Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5.- Acordar a disolución da asociación.
6.- Designar os/as liquidadores/as.
7.- Retificar a expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva.
8.- Solicitar a declaración de ultilidade pública da asociación.
9.- Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
10.- As que sendo de competencia da Asamblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria, sen grave perxuizo para a asociación.
11.- Todas as competencias non conferidas expresamente á Asamble Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 22º.

A Asamblea Xeral quedará validamente constituida sempre que concorda a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero en todo caso coa presenza do/a Presidente/a ou Vicepresidente/a e o/a Secretario/a, ou persoa que o sustitúa.

Artigo 23º.

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto relativo os apartados 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaránse os acordos ao libro de actas e asinará o/a Presidente/a, o/a Secretario/a da Asamblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.

Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obligarán a todos/as asociados/as incluso ós/ás asistentes.

As sesións abriránse cando así o determine o/a Presidente/a. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente o/a Secretario/a procederá a presentar a Orde do Día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes Estatutos segundo a materia da que se trate.

Artigo 25º.

Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxar os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asamble Xeral. A partir do recurso de reposición quedará expedita a vía para recorrer mediante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.

1.- O/A Secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notificar as convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do Presidente. O Secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2.- Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do/a Secretario/a, o/a Presidente/a designará entre os asistentes a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.

1.- O/A Tesoureiro/a recadará e custiodará os fondos pertencentes a Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e gastos asociativos, elaborará o borrados dos orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

2.- O/A Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do quince de decembro co fin de que as contas estean a disposicion dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.

Artigo 28º.

Os vocais terán as seguintes atribucións:

1.- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.- Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

 

Artigo 29º.

A Asociación dispón dun patrimonio de vinte euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.

A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual, compartidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborada polo/a Tesoureiro/a da Asociación que deberá telo preparado  antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poda ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.

A Asociación manterase dos seguintes recursos:

1.- As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.
3.- As doazóns ou subvención que poidan conceder Órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32º.

A Asamblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non sexan reintegrables en ningún caso. O recadado dedicaráse a atender as necesidades da asociación.

Artigo 33º.

Anualmente con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a quince días o sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.

Para a disposición de fondos nas contas que a asociación ten nas entidades bancarias, será necesaria asinatura conxunta do/da Presidente/a e do/da Tesoureiro/a.

Artigo 35º.

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

 

CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 36º.

O  regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas nos presentes Estatutos, como procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, O funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 37º.

Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocartoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º.

A Asociación disolverase voluntariamente polo acordo dos asociados adoptados polas 2/3 partes dos asistentes á Asamble Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º.

Acordada a disolución, a Asamble Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a procederán a efectuar a liquidacións dos bens pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 40º.

O haber resultante unha vez efectuada a liquidación doarase a outra asociación non lucrativa inscrita na Comunidade.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscripción da disolución da Asociación.

Dilixencia:

Don                                                                     , na súa calidade de Secretario de Asociación fai constar que os ditos Estatutos modificados en Asamblea Xeral Extraordinaria celebrada o        son para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei Órganica 1/2002, de 22 marzo, Reguladora do Dereito de Asociación.

En                               a               de                  do

 

O Secretario

 

(Data, firma do Secretario e selo da Asociación)

 

 


ACTA
ASEMBLEA XERAL DA SOGACOPAL 30 novembro 2016
Deputación de Lugo.
26 de novembro de 2016.

Celébrase en segunda convocatoria a Asemblea Xeral da Sociedade Galega de Coidados
Paliativos, “Asociación Científica Sociedade Galega De Coidados Paliativos,SOGACOPAL, con nº
de inscrición no Rexistro central RCA 37/98, de asociacións sen ánimo de lucro, e CIF nº G
15739907.
Asisten 39 socios.

ORDE DO DÍA

1.- Informes do Presidente, Secretario e Tesoureiro
2.- Elección de nova Xunta Directiva

Informe do Presidente:
Resumo da situación dende a anterior Asemblea

Informe do Secretario:
Afiliación actual: 54 socios.
Lémbrase a dificultade para a domiciliación bancaria de algúns socios, e que no 2016 non se fixo
efectivo o recibo anual.

Informe do Tesoureiro:
Estado das contas: arredor (aínda sen domiciliar algunhas cotas) de 10.000 €, pendente de pago
a Rotugraf a organización da Xornada (6841.23 €).
As aportacións anuais á SECPAL son hoxe de 702 €(nº de socios x 13 €), pendente de pago 2016.

ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA

Informase á Asemblea que a candidatura única presentada para renovar a actual Xunta Directiva
é a constituida por:
– Presidente : Marcelino Mosquera Pena, DNI: 33257771R
– Secretaria : Flor López Aneiros, DNI: 32635466F
– Tesoureiro e Vogal por Pontevedra : César Labrador Castro, DNI: 34911875Z
– Vogal por A Coruña : Gorety Pazos González
– Vogal por Lugo : Álvaro Fernández Rial
– Vogais por Ourense : Miguel Ángel Nuñez Viejo e Eugenio Quintas Albores
– Vogal de Enfermaría : Ángel López Trigueros
– Vogal de Psicoloxía: Begoña Amaro Lois
– Vogal de Traballo Social: Susana Rodríguez Franco

Asemade, de acordo cos artigos 27 e 34 do Estatuto proponse o nomeamento do Tesoureiro
como titular apoderado da Sogacopal, para posibilitar o acceso e operación electrónica á conta
bancaria da sociedade .
Realízase a votación, aprobándose a nova Xunta Directiva con 39 votos a favor, por unanimidade,
ás 14 h do día da data.

En Lugo, a 26 de Novembro de 2016

Asdo: Carlos Fernández Fraga , DNI 33810999X
Presidente da Sogacopal

 

 

 

A %d blogueros les gusta esto: